Recursos

1. Recursos en Lugo durante a situación de alarma polo Covid-19

Este documento ofrece unha listaxe actualizada de necesidades a cubrir por diferentes colectivos ou organizacións de Lugo. Pretende tamén ser un recurso dinámico no que se sume calquera entidade ou grupo de persoas que estean a traballar durante estes días para que as persoas que non teñen redes de apoio ou recursos económicos non queden máis illadas. Iremos actualizando o documento.

2. Defensa para traballadorxs:

3. Carteis de apoio veciñal

  • O primeiro de todo é axudar ao teu veciño ou veciña. Deixámosche un cartel para que poñas no teu portal. Descarga no seguinte link.
  • Cartel A4 para imprimir e pegar polo teu barrio para buscar necesidades dos teus e túas veciñas. Para pegar e recortar o celo usa tesoiras, non a boca, por razóns preventivas. Clic aquí ou na imaxe para descargar.

  • Cartel para difundir en redes, whatsapp ou telegram:

4. Faino ti mesmx

* Nota respecto das mascarillas e guantes: se unha non ten síntomas e non estivo en contacto directo con alguén positivo a coronavirus non debería facer falta poñer mascarilla de papel ou caseiras (hai persoas asintomáticas). Se ides estar en contacto con persoas enfermas, son elas as que teñen que levar posta a mascarilla de papel. Cos guantes, deben ser de un so uso, non serven pra andar usándoos con varias persoas, porque a finalidade do guante é evitar contacto con virus que este en superficies, o coronavirus non se absorbe por vía cutánea, entón por moito que se uses os guantes se non se cambian ou se toquetea todo por non serve de nada. Pódese desinfectar con solución hidroalcólica ou lavando as mans con auga e xabón. As mascarillas para evitar o contaxio do virus serían as chamadas ffp2 (xa que dispoñen de filtro).

5. Sobre a militarización da vida cotiá

  • No 2010, coa folga de controladores aéreos, publicouse no Estado Español o primeiro Real Decreto no que se declaraba por primeira vez un estado de alarma, como o que estamos a vivir agora. Abriu camiño á elevación ao rango de autoridade civil para os militares, permitindo que, en calquer situación que un goberno considere comprometida, poidan saír á rúa a patrullar. Nese mesmo ano publicábase «‘Ejércitos en las calles’. Algunas cuestiones en torno al informe: «Urban Operations in the year 2020» de la OTAN», que analiza un informe desta organización no que se plantexa a militarización das cidades. Nun momento como o que vivimos é importante reforzar os vínculos e o apoio mutuo para axudarnos entre nós, con responsabilidade e sen ceder a exercicios de autoritarismo. Podes atopar esta publicación aquí.