Colaboradorxs

Se queres colaborar, por favor pedimos haxa un verdadeiro interese para asumir un grao alto de implicación alto e poder mellorar a organización. Para doacións ou outras cuestións puntuais preme aquí. Se es unha persoa en situacións de risco e queres axudar podes facelo de forma telemática.

Organizámonos por zonas para así poder atopar as necesidades dos nosos barrios. Por iso temos tres grupos de whatsapp: o da zona norte, centro, e sur. En cada grupo hai unha persoa coordinando para economizar o tempo e o traballo. Así, cando chega algunha demanda, a persoa que viva máis preto poderá atendela rápidamente.

Antes de entrar nalgún dos grupos ten o claro seguinte:

  1. Os primeiros pasos son coñecer as necesidades das nosas veciñas. Para iso diríxite á sección de recursos, onde atoparás dous carteis: un para o teu portal e outro para o barrio. Unha vez coñecidas as necesidades coordinarase dende o grupo a forma de poder cubrilas.
  2. Tenta non colapsar o grupo e ser práctica, así como ter paciencia: as cousas fanse despacio.
  3. Lembra que isto é unha rede de apoio, non unha organización asistencialista, que nestes días ofrece as súas ferramentas para poder paliar esta crise sanitaria e económica, que funciona de forma horizontal e independente, e que se sustenta na reciprocidade da comunidade (a cada quen segundo as súas necesidades e cada quen segundo as súas posibilidades).

Grupos correspondentes a cada zona da cidade

Clic sobre a túa zona para entrar no grupo de Whatsapp correspondente

  • Zona sur (San Roque, Fontiñas, Montero Ríos, Fingoi…)
  • Zona norte (Quinta de Pérez, Avda. Coruña, Piringalla, Abella, Fonte Dos Ranchos…)
  • Zona centro (Casco Histórico, Rda. Da Muralla…)

Canle de Whatsapp da Rede de Apoio Mutuo Lugo (Covid19): información, peticións de doazóns ou necesidades, etc. Se podes aportar algo do que se demanda fala por privado coa persoa administradora: https://chat.whatsapp.com/CTYsYNbtVKb6HsvwYAxTAW

Se tés calquera dúbida acerca do funcionamento, contacta, preferiblemente por whatsapp, cos seguintes números: 698191152, 675146402