Os colectivos abaixo asinantes expoñemos o seguinte:
Ante a situación excepcional que estamos a vivir en Lugo con motivo da epidemia do Coronavirus COVID19, e tras unha semana de ter activado o estado de alarma, dende os colectivos asinantes temos observado que existe un incremento de familias sen acceso a produtos básicos e de primeira necesidade. Observamos tamén unha carencia de servizos institucionais para o estado de gravidade no que se atopan moitos dos colectivos e individuos máis vulnerables, nun momento no que organismos como o Banco de Alimentos, Cáritas o Cruz Vermella se atopan con moita máis demanda que a habitual sen máis presuposto. Continuar leyendo «Comunicado ante a situación do COVID19 en Lugo»