Emerxencia Covid_19

Dende a Rede de Apoio Mutuo de Lugo ante a situación de urxencia actual polo Covid-19 decidimos xuntar todas as nosas forzas a esta causa.

  • Quen somos?

A Rede de Apoio de Mutuo de Lugo somos un colectivo que quere estender a solidariedade nos diferentes ámbitos da vida, onde seguimos a premisa de que cada persoa pode aportar e recibir sempre nalgún momento segundo as súas posibilidades e segundo as súas necesidades. Somos independentes das institucións, entendemos o tecido comunitario e autoxestionado como solucións aos problemas e agora puxemos todas as nosas ferramentas para facer fronte á crise do Covid-19 (a nosa orixe).

  • Que facemos?

Actualmente estamos organizándonos para paliar esta crise sanitaria e económica. Moitas persoas están tendo problemas e irán a máis por non poder ter acceso a recursos básicos como o alimento ou produtos de hixiene, ben sexa por ser poboación en situación de risco (xente maior ou enfermas), ser persoas nunha situación económica precaria, froito dos despedimentos da patronal e pola extinción dos seus contratos temporais e eventuais -tan habituais no sistema capitalista-; ou ser as sempre esquecidas ‘xente da rúa’.

  • Que necesidades cubrimos?

Artellamos diferentes medidas de urxencia: ir aos mercados de alimentación ou ás farmacias en lugar das persoas máis vulnerables para evitar o seu contaxio (e máis coa situacións individualistas que se están a dar de acumulación e masificacións en, por exemplo, superficies comerciais), acompañamentos a citas médicas, cociña de alimentos, mobilización en coche para a recollida de alimentos nos domicilios das persoas que queiran doar para a súa posterior distribución, etc. Distribución onde se reducirá ao mínimo o contacto ou aglomeración, establecendo unha cadea de seguridade, moi a diferenza do que estamos a ver nas grandes superficies.

Tamén estaremos en contacto e constante coordinación con outras asociacións, ONGs ou colectivos.

Todo baixo a maior prevención, ao tempo de dar solución ás clases populares, pisoteadas polo capital e marxinadas polos estados, cando son -sanitaria e economicamente- as máis perxudicadas.

Se precisas axuda contacta no: 675146402 ou no 698191152 (preferiblemente Whatsapp)

  • Como podes colaborar?

Podes doar alimentos, produtos de primeira necesidade ou de hixiene, contactando a través dos teléfonos indicados xa arriba.

E na seguinte canle de Whatsapp da Rede podes estar ao tanto de diversa información e de solicitude de doazóns e necesidades: https://chat.whatsapp.com/CTYsYNbtVKb6HsvwYAxTAW

Tamén podes formar parte da rede. Para iso, no seguinte enlace tes máis información «ser colaborador/a».

  • Para finalizar:

Se responsable, prevé a saturación dos servizos hospitalarios, evitando a propagación e seguindo as recomendacións médicas.

Cambiemos o rumbo das nosas vidas, cambiemos anos de educación na competividade e no individualismo por solidariedade e comunidade.

O apoio mutuo entre as de abaixo é imprescindible.

Contacto

  • Teléfono: 698191152 / 675146402 (preferiblemente whatsapp)
  • Email: apoiomutolugo@riseup.net
  • Facebook: Rede de Apoio Mutuo Lugo
  • Instagram: @apoiomutuolugo